CRTVG

Buscar

O Irixo levará almorzos a domicilio para sorprender a parella

Publicado o 05/02/2021 22:10

Celebrar o amor cun bo almorzo a domicilio. É a proposta que lanza a marca O Irixo a través da súa tenda en liña para o Día dos Namorados.

Xa teñén uns 30 pedidos encargados. E febreiro é tamén tempo de cocido, e desde O Irixo están enviando os seus produtos a moitos puntos de España.

A iniciativa do Concello de crear a marca O Irixo para ofrecerlles a comerciantes e produtores da zona unha canle de distribución en Internet está dando moi bo resultado.

Un xeito de apoiar o comercio local, a páxina tendaorixo.gal, xa conta cunha ducia de comercios.
 

Noticias web

05/02/2021