CRTVG

Buscar

O IPC situouse no 1,6% en agosto pola suba dos carburantes, a vivenda e o transporte

Publicado o 13/09/2017 14:30

Os prezos subiron unha décima no pasado mes de agosto deixando o índice xeral do IPC nun 1,6%. A suba dos carburantes, a vivenda e o transporte tiraron da inflación, que aínda así mantén unha liña descendente desde comezos de ano. O ministro de Economía fixa a meta de que os prezos sigan baixando ata aproximarse ás cifras do IPC subxacente, que se calcula suprimindo os compoñentes máis volátiles, como a gasolina ou os alimentos frescos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2017