CRTVG

Buscar

O IPC eleva a súa taxa anual ao 1,1% en febreiro pola suba da electricidade

Publicado o 13/03/2018 09:36

O Índice de Prezos de Consumo eleva a súa taxa anual ao 1,1% en febreiro, fundamentalmente pola suba da electricidade. Segundo os datos que acaba de publicar o Instituto Nacional de Estatística, o IPC aumentou unha décima en febreiro respecto do mes anterior e elevou a súa taxa interanual cinco décimas, ata chegar ao 1,1%. Ademais do encarecemento da luz, influíron nesta suba o aumento dos prezos dos paquetes turísticos, dos servizos de telefonía e dos útiles de coidado persoal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018