O Inter non ten piedade do Parrulo, ao que golea na Malata (2-9)
Publicado o 04/01/2021 22:19
O Inter foi demasiado para O Parrulo e gañou na Malata por un contundente 2-9. Todo malia que os ferroláns se adiantaron no marcador cun gol de Isma. Foi un espellismo, porque ao descanso xa gañaban os madrileños por 1-4 cos goles de Tripoldi, Drasler e Saldise (2).
No segundo tempo recortou diferenzas Diego Núñez (2-4), pero o Inter volveu impoñer o seu poderío e castigou os riscos que tomou o Parrulo ata chegar ao definitivo 2-9. Os goles no segundo tempo foron de Cecilio, Martel, Iacovino, Drasler e Saldise, que asinou unha tripla.
Máis sobre actualidade
06/03/2021 23:05