CRTVG

Buscar

O instrutor do caso Alvia pide un novo informe pericial

Publicado o 31/07/2020 22:07
O instrutor do caso Alvia pide un novo informe pericial

O xuíz instrutor do caso Alvia pide un novo informe pericial sobre o tren accidentado en Angrois no 2013. Faino tres semanas despois de tomarlles declaración a catro empregados de Talgo polo suposto borrado de datos sobre avarías da locomotora sinistrada.

Un deles remitíralle á Audiencia Provincial da Coruña unha declaración xurada en que asegura que responsables da empresa ordenaron riscar uns rexistros sobre defectos que el xa apreciara na inspección do tren.

O maxistrado solicítalle ao perito que especifique no informe se existiu constancia documental deses defectos e se foron reparados nos días previos ao accidente en que morreron 80 persoas e outras 140 quedaron feridas.

Noticias web

31/07/2020