CRTVG

Buscar

O Instituto Español de Oceanografía leva 33 expedicions a Groelandia e estudan o estado das poboacións pesqueiras

Publicado o 17/03/2021 14:07

Parecen mariñeiros, pero son científicos. Levan dende 1.988 desenvolvendo campañas de investigación no banco pesqueiro de Flemish Cap, en Groenlandia. Por primeira vez viaxou co equipo unha xornalista do centro para dar a coñecer o traballo que realizan no mar.

"As campañas oceanográficas forman parte do que é a tarefa de asesoramento pesqueiro que realiza o Instituto Español de Oceanografía ao Goberno de España en materia de pesca que determinará as cotas pesqueiras", comenta Laura Juárez, xornalista do Centro Oceanográfico de Vigo.

A bordo do Vizconde de Eza estudan e cuantifican as especies que máis lle interesan á nosa frota.

"O bacallau é unha especie importante. Agora mesmo o seu stock está nunha situación mala. Este ano o consello científico da NAFO en función dos resultados desta campaña tivo que baixar a cota, das 8.500 toneladas que era a cota do 2020, a 1.500 toneladas para este ano 2121", informa Jose Luís del Río, investigador no centro vigués do Instituto Español de Oceanografía. 

Laura acaba de publicar un libro onde narra a dura experiencia dos científicos máis alá das paredes dun laboratorio.

"E hai un labor moi duro e ata, ás veces, incómodo, sucia, hai que remangarse, hai sangue, hai vísceras, estamos mal olor. Aí é onde os medios deberían dar voz e ver esoutro labor, porque o científico non só está no laboratorio cunha bata branca", apunta a xornalista.

A finais de marzo volven embarcar para unha nova expedición, esta vez polo Cantábrico, van estudar a sardiña.

 

 

 

 

Noticias web

17/03/2021