CRTVG

Buscar

O IDIS fai dez anos traballando para mellorar a atención aos doentes

Publicado o 11/06/2019 20:27

Máis de mil persoas traballan no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, que nos seus dez anos de vida leva solicitadas 60 patentes. E desas 60 patentes en investigacións de todas as áreas sanitarias, dende o cancro ata enfermidades raras, once xa está concedidas e sete licenciadas, isto é que lle dá beneficios ao instituto. En todo caso o obxectivo prioritario dos científicos que aquí traballan é que os seus coñecementos cheguen o antes posible á sociedade para mellorar a atención ao doente.

Os laboratorios do IDIS, o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, ocupan 4.000 metros cadrados trala última ampliación. Os seus 1.071 investigadores conseguiron na última década solicitar 60 patentes, participar en 877 ensaios clínicos, crear catro empresas e captar 167 millóns de euros.

Nunha visita ás novas instalacións, o presidente da Xunta destacou que o principal obxectivo deste instituto sexa mellorar a atención do doente de todo tipo de enfermidades: cancro, obesidade, vacinas ou medicina reparadora.

Aquí traballan máis da metade das dúas mil persoas que se dedican en Galicia á investigación sanitaria.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019