CRTVG

Buscar

O ingresado na Gomera co coronavirus de Wuhan segue ben

Publicado o 02/02/2020 14:39

O turista alemán co coronavirus de Wuhan ingresado na Gomera e os seus compañeiros de viaxe seguen ben.

"Están todos ben, están asintomáticos".

As autoridades identificaron parte dos contactos que tiveron no traxecto á illa e durante a súa estadía. Fáltanlles as persoas que ían próximas no avión.

"Están en illamento desde que presentaron síntomas, o que implica que os contactos son a priori de moi baixo risco. Pero está identificado un contacto estreito, que está colaborando coas autoridades. Vai facer unha autocorentena no seu domicilio, supervisada polas autoridades de saúde pública. O resto foron contactos casuais que non reportan a penas ningún risco, pero as autoridades de saúde pública das Canarias contactaron con eles para dicirlles que facer en caso de ter algunha sintomatoloxía".

Fernando Simón dixo que se están producindo actitudes discriminatorias e consultas inxustificadas e pediu calma.

Os responsables de Sanidade das Canarias habilitaron un servizo de información sobre o coronavirus, a través do número 900112061.

Noticias web

02/02/2020