CRTVG

Buscar

O informe provisional da policía descarta que o lume no Ceao fose intencionado

Publicado o 25/05/2021 12:07
O informe provisional da policía descarta que o lume no Ceao fose intencionado

Non hai indicios de intencionalidade no incendio que calcinou media ducia de naves industriais no polígono lugués do Ceao. Así o indica o informe provisional que a Policía Xudicial entregou no xulgado que instrúe o caso.

Para confirmalo definitivamente hai que agardar aos resultados das análises químicas das mostras recollidas pola Policía Científica na nave de pinturas onde se iniciou o incendio. As probas de laboratorio serán tamén determinantes para determinar cal foi a orixe do lume.

Noticias web

25/05/2021