CRTVG

Buscar

O informe Pisa outórgalle unha alta cualificación ao colexio Peleteiro

Publicado o 23/05/2016 11:00

Rafael Gómez, coordinador pedagóxico deste centro, e a Juan Carlos Rocamonde, un dos alumnos que participou na proba, analizan as cualificacións do colexio compostelán

En España cada vez que sabemos que se van publicar os resultados dun novo informe Pisa case nos produce máis temor que curiosidade, tendo en conta os paus que adopta recibir o sistema educativo. Este programa para a avalicación internacional de alumnos da OCDE avalía a calidade e eficiencia dos modelos de máis de setenta países. O último foi no ano 2012, pero agora existe unha nova ferramenta que permite realizar estas comparativas aos centros que quedan ir máis alá. Un deses centros é o colexio Manuel Peleteiro de Santiago, que ademais recibiu unhas notables cualificacións.

Para analizalas temos con nós a Rafael Gómez, coordinador pedagóxico deste centro e a Juan Carlos Rocamonde, un dos alumnos que participou na proba.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/05/2016