CRTVG

Buscar

O informe do Observatorio Abanca amosa os efectos da pandemia no comercio galego

Publicado o 06/11/2020 15:30

A pandemia mudou os nosos hábitos de consumo e as novas restricións fanse notar no comercio galego.

Xa hai informes que o evidencian. O último, o do Observatorio Abanca, di que a caída é especialmente acusada nos sectores da hostalería, o ocio ou a moda.

O maior batacazo lévano as axencias de viaxes e os hoteis cunha baixada drástica na actividade se a comparamos coa do mes de outubro de 2019.

O ocio e a hostalería son os outros grandes afectados. Coas novas limitacións non saímos de discotecas nin de bares. Deixamos tamén de ir aos restaurantes, e, como quedamos na casa, tampouco renovamos o vestiario.

Pero non toda a actividade comercial baixa. Nas últimas semanas aumentaron notablemente as visitas ás farmacias e aos supermercados. De quedar na casa, mellor coa despensa chea.

O comportamento foi diferente nas catro provincias galegas. Ourense, con maiores restricións, foi onde máis caeu o ocio e na Coruña onde máis resistiu.

Lugo, pola súa banda, foi a provincia con mellor evolución do pequeno comercio.

Noticias web

06/11/2020