CRTVG

Buscar

O informe do Imelga será determinante no caso da morte de Desirée

Publicado o 11/07/2019 13:05

A instrución do caso Desirée continúa tras o levantamento do segredo de sumario. Nel determínase que a nena morreu asfixiada. Coas probas preliminares de toxicoloxía e exames médicos de todo tipo, a Unidade de Psiquiatría do Instituto de Medicina Legal de Galicia realizará un informe interpretativo sobre o estado de saúde da nai de Desirée, única sospeitosa, no momento en que a pequena morreu. Ese informe será determinante.

O xuíz José Antonio Vázquez Taín explica que "dependendo da situación da nai, podémonos enfrontar a un alleamento mental transitorio, é dicir, que nese momento non era quen de saber qué facía, o que implica que non sairá libre, senón que será sometida a un ingreso psiquiátrico, ou se se demostra que foi autora e non tiña ese padecemento, e entón haberá penas de cadea moi elevadas, desde un homicidio de dez anos a un asasinato, que pode chegar a prisión permanente revisable".

A nai de Desirée, enviada ao cárcere pola xuíza de Vilalba que leva o caso, permanece ingresada no Hospital Universitario Lucus Augusti desde que se produciron os feitos, o pasado 3 de maio na vivenda familiar de Muimenta. O pai da nena exercerá a acusación particular e a Fundación Amigos de Galicia presentouse como acusación popular. Antes de que remate o ano podería decretarse a apertura do xuízo oral, en que un xurado popular xulgará os feitos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2019