CRTVG

Buscar

O informe da OMS sobre a orixe da pandemia mantén abertas todas as hipóteses

Publicado o 29/03/2021 19:08
O informe da OMS sobre a orixe da pandemia mantén abertas todas as hipóteses

A orixe da pandemia aínda non está clara. A Organización Mundial da Saúde publicará mañá o informe da misión que viaxou a Wuhan para investigar o xerme do coronavirus, pero xa adiantan que de momento non hai resposta. A OMS recoñece que todas as hipóteses seguen enriba da mesa, e que fan falta máis estudos para determinar de onde saíu o virus.

A hipótese máis probable é que pasara dos morcegos ás persoas a través doutro animal, pero non se sabe con certeza. O que se descarta practicamente con totalidade é que o virus se creara nun laboratorio.


 

Noticias web

29/03/2021