CRTVG

Buscar

O indixente que apareceu morto en Ferrol faleceu por causas naturais

Publicado o 09/12/2019 14:37

A autopsia confirma que a morte do indixente que apareceu en Ferrol foi por causas naturais. O cadáver encontrouno outra persoa sen teito, o sábado á tarde, cando ía para acubillarse no mesmo baixo situado na rúa Pérez Parallé, no barrio de Canido.

O home levaba varios días morto e estaba nun estado de descomposición avanzado. Onte á mañá fixéronlle a autopsia e, segundo a Policía Nacional, determinou que foi unha morte por causa natural.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/12/2019