CRTVG

Buscar

O independentismo acusa ao Supremo de desacato

Publicado o 09/01/2020 20:16

O presidente da Generalitat cre que coa súa decisión o Tribunal Supremo desobedece o de Luxemburgo e volve vulnerar os dereitos políticos e Oriol Junqueras.

Quim Torra, presidente da Generalitat, di que "é unha proba máis, unha proba palpable, da degradación democrática do Estado español. É impensable en calquera outro país de Europa a resolución que hoxe se produciu no Tribunal Supremo".

Tamén fala de desacato á xustiza europea o coordinador nacional de Esquerra, Pere Aragonès: "O Tribunal Supremo decidiu desacatar, desobedecer a xustiza europea e a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, situando o Estado fóra dos marcos europeos en termos xudiciais. De feito, podemos falar xa deste brexit xudicial, dunha autarquía xudicial".

Esquerra di que esgotará todas as vías xurídicas para que Junqueras poida estar o luns na apertura do Europarlamento. Tamén lle pide ao presidente da cámara, o italiano David Sassoli, que defenda a inmunidade do líder republicano. Aragonès acusa o Supremo de estar tomado pola extrema dereita euroescéptica, o que fai que, na súa opinión, a mesa de negociación co Goberno sexa hoxe máis necesaria ca nunca.

Noticias web

09/01/2020