CRTVG

Buscar

O incendio nunha granxa de Ourense deixa atrás 12.000 polos calcinados

Publicado o 13/11/2020 13:47

Eran preto das cinco da tarde cando unha inmensa columna de fume negro, polo poliureitano do illante da granxa, asustou aos veciños de Vilar de Astrés.

O lume principiou no interior da granxa avícola. Sospeitan os bombeiros que polo sistema de calefación. As lapas espalláronse axiña calcinando os 12.000 polos. Os propietarios da granxa fan hoxe contas das perdas que auguran son moi cuantiosas.

Ademais da policía e os bombeiros, ao lugar achegouse unha ambulancia por se houbese feridos, a casa dos donos está pegada a granxa, por fortuna os danos só son mateirais.

Noticias web

13/11/2020