CRTVG

Buscar

O incendio no que morreu unha muller en Vigo orixinouse no salón da súa vivenda

Publicado o 12/09/2018 13:56

Transcenden as primeiras investigacións do incendio do edificio de Vigo. O lume empezou no salón da vivenda, onde morreu unha muller, e todo apunta a que foi un incendio accidental.

Á muller atopárona debaixo dunha mesa. Puido morrer por inhalación de fume, pero tamén tiña queimaduras. O lume só afectou o salón da vítima, que vivía no sétimo andar deste inmoble da avenida do Aeroporto, pero aínda así houbo que desaloxar ducias de veciños. Nas últimas horas a Policía Científica desprazouse ao piso para recoller mostras e concretar as causas do sinistro. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/09/2018