CRTVG

Buscar

O incendio no peirao de Bouzas deixa máis de 40 coches afectados

Publicado o 20/07/2019 13:49

Son os vehículos máis afectados no incendio rexistrado no peirao de Bouzas contra as dez da noite de onte. 16 quedaron totalmente calcinados e 26 afectados, xa non poderán embarcar hoxe cara ao mercado internacional como estaba previsto. A autoridade portuaria estima unhas perdas por valor de preto dun millón de euros só nos vehículos. A Garda Civil custodia o recinto e está a investigar as causas do sinistro.

Segundo o presidente da autoridade portuaria de Vigo as bombas de palenque foron botadas desde o paseo dos peixes onde os responsables da pirotecnia tamén introduciron un vehículo. Non tiñan os permisos regulamentarios para ningunha destas dúas cousas segundo Enrique López Veiga.

O porto de Vigo personaráse como parte afectada na causa. A columna de fume xerada polo incendio púidose apreciar desde distintos puntos da cidade. A rápida e eficar intervención dos bombeiros de Vigo evitou que as lapas afectasen a máis vehículos. Ata hai uns meses a zona afectada era unha concesión da Zona Franca que na actualidade xa revertíu a xestión á Autoridade Portuaria de Vigo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/07/2019