CRTVG

Buscar

Permanece activo o agresivo lume que afecta o sur de Portugal

Publicado o 08/08/2018 09:38

O incendio que afecta o Algarve permanece activo por sexto día e as autoridades portuguesas intentan tranquilizar a poboacion mentres consolidan o perimetro.O vento e a orografía montañosa seguen a compricar as tarefas de extinción aínda que parece que a climatoloxía podería axudar algo máis a partir de hoxe.

Sexto día consecutivo de loita contra as lapas no sur de Portugal. O incendio declarado na zona de Monchique arrasou xa máis de 15.000 hectáreas e extendeuse os municipios de Silves e Portimao.

As autoridades portuguesas enviaron unha mensaxe de tranquilidade a poboación mentres cambiaron a estratexia de combate contra o voraz lume. A agresividade das lapas debido os fortes ventos fixo establecer como prioridade consolidar o perimetro e agardar por un apoio da climatoloxia que podería chegar hoxe.

 Temperaturas máis baixas e máis humidade para axudar os máis de 1200 bombeiros, 400 vehículos, 13 medios aéreos e 25 máquinas de rastro, fundamentais para cercar o lume. Todo iso sumado o traballo dos veciños da zona.

Arredor de 230 persoas permanecen evacuadas das súas vivendas e o número de feridos ascende a 79, aínda que so un está grave, unha muller de 72 anos con importantes queimaduras que foi trasladada a Lisboa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2018