CRTVG

Buscar

O incendio na sede do Celta quedou só nun susto

Publicado o 15/09/2020 15:06

Permitiu que o alcalde e o presidente do Celta mantiveran unha conversa informal

Contra as sete e media da tarde, en plena rúa do Príncipe en Vigo, esta intensa fumareda con lapas de lume, ben visibles a distancia, activou todas as alarmas.

A rápida intervención dos bombeiros da cidade evitou que o lume se espallara máis aló da terraza do edificio e os danos foron limitados.

A sede celeste ten habilitada unha residencia de xogadores das súas categorías base e todos os presentes no edificio no momento do fogo foron evacuados con rapidez.

Á falta do informe oficial definitivo sobre as causas do incendio, xa se sabe que as desgrazas unen e o suceso propiciou o reencontro entre o alcalde e o presidente do Celta. Nas imaxes podemos ver o momento en que o rexedor informa do operativo e das consecuencias do incendio.

As relacións entre Abel Caballero e Carlos Mouriño son moi tensas nos últimos meses polas desavinzas á conta das obras do estadio de Balaídos e a construción da cidade deportiva do Celta no veciño concello de Mos.

Noticias web

15/09/2020