CRTVG

Buscar

O incendio en Gran Canaria tardará en quedar controlado

Publicado o 23/08/2019 20:23

O incendio en Gran Canaria segue estabilizado pero pode tardar semanas en quedar controlado. Continuamente se reactivan focos de lume e 18 aeronaves continúan refrescando a zona queimada. A volta a casa dos evacuados polo incendio está resultando amarga. A paisaxe está irrecoñecible. Son moitas as vivendas calcinadas. Tamén foron pasto das lapas instalacions gandeiras e cultivos. Os concellos comezan a avaliar os danos. E os investigadores tratan de aclarar se o incendio o provocou alguén ou comezou no tendido eléctrico.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/08/2019