CRTVG

Buscar

O incendio dun coche obriga a cortar a saída da A-52 cara ao polígono de Barreiros en Ourense

Publicado o 04/10/2021 21:41
O incendio dun coche obriga a cortar a saída da A-52 cara ao polígono de Barreiros en Ourense

O incendio dun coche provocou problemas de tráfico na saída da A-52 cara ao polígono de Barreiros, Ourense. No interior do turismo viaxaban dúas persoas que conseguiron saír antes de que comezara a arder o vehículo.

Ata o lugar trasladáronse bombeiros de San Cibrao das Viñas e de Barbadás, que evitaron que as lapas se estendesen á masa forestal próxima. O sinistro obrigou a cortar un carril do enlace mentres traballan os equipos de extinción.

 

Noticias web

04/10/2021