O incendio do Barco esténdese a Rubiá e obriga a desaloxar un cento de veciños
O luem arrasou xa entre 800 e 1000 hectáreas
A Garda Civil desaloxou esta tarde aos veciños da parroquia de veiga de Cascallá, no concello ourensán de Rubiá a causa do incendio forestal que se inicou onte no Barco de Valdeorras e que se extendeu nas últimas horas cara esta localidade.
Os sevizos de extinción aseguran que o control do lume está a resultar complicado polo vento que sopra na zona.
Varias persoas tiveron que ser atendidas por inhalación de fume.
O lume arrasou xa entre 800 e 1000 hectáreas, o que o converte no primeiro gran incendio forestal do verán en Galicia.
O Conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, trasladouse á zona afectada para seguir de preto os labores de extinción.
Valoración

