CRTVG

Buscar

O incendio de vivenda de Vigo en que morreu unha muller foi accidental

Publicado o 14/09/2018 14:19

O incendio que acabou coa vida dunha muller de 68 anos o luns en Vigo, debeuse a un curtocircuíto, segundo fontes da investigación. Así o reflite o informe da Policía Científica, elaborado tras unha exhaustiva inspección no piso afectado, da avenida do Aeroporto. Confírmase que o lume se iniciou no salón da vivenda. Propagouse con rapidez impedindo á muller, que estaba soa na casa, saír do inmoble, e aos seu familiares acceder para auxiliala. O marido da falecida que ingresara no Hospital Álvaro Cunqueiro por intoxicación, xa foi dado de alta. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018