CRTVG

Buscar

O incendio de Gran Canaria, a piques de quedar controlado

Publicado o 22/08/2019 20:45


O incendio que arrasou Gran Canaria desde o sábado está a piques de ser controlado.
A penas quedan focos activos pero o chan está moi quente e o lume podería reactivarse en calquera punto coa chegada dunha nova vaga de calor. O presidente do Goberno en funcións, tras sobrevoar a zona, prometeu toda a axuda do Estado para extinguir o lume, axudar os damnificados e reforestar os bosques. Pedro Sánchez tamén agradeceu o traballo dos profesionais e voluntarios que loitaron contra as lapas estes días.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/08/2019