CRTVG

Buscar

O incendio das termas da Chavasqueira puido ser planificado

Publicado o 10/06/2019 08:43

A investigación do incendio que destruíu as termas da Chavasqueira en Ourense o pasado 24 de abril puido ser planificado para non deixar pistas da súa orixe, según informacións do xornal La Región.

Ao parecer, as pescudas da Policía Nacional non están dando resultados porque o autor ou autores utilizaron un acelerante para facilitar a propagación desde o valado cara ao interior do recinto e asínon deixar pegadas.

O lume iniciouse precisamente nunha zona próxima ao valado, pouco frecuentada por bañistas e traballadores. O único empregado que estaba nas instalacións facendo labores de mantemento, cando se decatou e alertou os bombeiros, as lapas xa devoraran a instalación.


 

Noticias web

10/06/2019