CRTVG

Buscar

O importante traballo dos servizos de limpeza nos hospitais

Publicado o 06/04/2020 20:26

O servizo de limpeza dos hospitais e centros de saúde intensifica estes días os seus esforzos. Hai novos xeitos de traballar que se unen aos xa establecidos, novos protocolos en que a seguridade de traballadores e pacientes son a clave.

As urxencias, as plantas de hospitalización dos pacientes con coronavirus, as unidades de coidados intensivos. Esas zonas precisan unha especial atención dos servizos de limpeza debido ao alto nivel de contaxio da COVID-19.

Hai zonas onde non se entra nin se sae sen o EPI correspondente. Unha tarefa engadida estes días.

Todos saben do seu traballo e o esforzo engadido destes días, en que non lles falta o ánimo nin o recoñecemento dos pacientes e os seus compañeiros.

Noticias web

06/04/2020