O impacto do confinamento rebaixa os prezos dos carburantes
Non hai mal que por ben non veña. Ben para o consumidor, que a piques de comezar a operacion saída, imos pagar polo carburante o mesmo prezo que pagabamos en 2016: entre algo máis de un 1 euro o litro do gasóleo e un euro e vinte da gasolina. Mal, claro para a estacións de servizo que notan que, ademais dos prezos baixos, movémonos menos que outros veráns.
Se comparamos coas mesmas datas do verán pasado, encher o depósito sáenos unha media de 9 euros maís barato. O impacto do estado de alarma e do confinamento notouse no consumo.
Pero malia a que a caída interanual é dun 40% neste trimeste, tamén hai tímidos motivos para o optimismo. O consumo desde a desescalada foi aumentando, e con el o prezo dos carburantes.
Uns centimiños que son gromos verdes para as gasolineiras que pasan por o momento máis difícil da súa actividade desde que se teñen rexistros.