CRTVG

Buscar

A Revista

O II Seminario do proxecto Symbios tenta buscar solucións ao problema do despoboamento nos territorios rurais

Publicado o 20/06/2014 13:27

Envellecemento, peche de explotacións, terras improdutivas, aldeas abandonadas... É a imaxe dun medio rural en decadencia, ferido polo acontecer da historia.
Pero detrás desta realidade triste hai outra máis esperanzadora. A da xente disposta a vivir e traballar por facer do medio rural un medio vivo. Iniciativas capaces de dinamizar o tecido económico e social do rural como a de Xosé Luís Carreira Valín e a súa Granxa Arqueixal, a rede de escolas galegas na nube ou o proxecto granxa familiar.com.

Foron algúns dos exemplos que se presentaron onte en Compostela, no segundo Seminario de Symbios, un proxecto financiado polo Fondo Social Europeo dirixido a visibilizar, debater e articular novassolucións pra facer habitables territorios que se despoboan e envellecen.

Ademais de Galicia, tamén forman parte do proxecto Symbios entidades doutras rexións europeas con problemas similares, coma Tras-Os-Montes en Portugal, Tipperary en Irlanda, Carelia do Norte en Finlandia ou Limburg nos Países Baixos.

No seminario puxeronse en común as distintas experiencias que se están a desenvolver en cada país para identificar tendencias comúns e buscar novas solucións ao abandono do rural. E é que malia as dificultades, os estudosos están a aprezar un certo cambio de tendencia:

Unha ollada ao futuro en que o agro galego pode ter moito que dicir.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

20/06/2014