CRTVG

Buscar

O Igape ofrece un millón de euros en axudas para as pemes fronte ao 'brexit'

Publicado o 09/03/2020 15:51

As axudas, que terán unha contía máxima de 25.000 euros para as pemes e de 40.000 para as grandes empresas, permitiralles facer un diagnóstico para implantar un plan de continxencia que minimice o impacto do brexit no Reino Unido.

Os sectores máis prexudicados serían a automoción, o téxtil e sobre todo o agroalimentario. Este cheque de axudas financiará o 80% dos custos deste asesoramento xurídico para adaptarse ás novas relacións co país británico. Dende a Confederación de Empresarios de Pontevedra tampouco desbotan novas vías de negocio.

O ano pasado, máis de 500 empresas galegas venderon os seus produtos ao mercado británico, o que supuxo 1.500 millóns de euros en intercambios comerciais.

Noticias web

09/03/2020