CRTVG

Buscar

O Ifevi acolle a Feira de Emprego Universitario

Publicado o 22/10/2019 21:23

Medio cento de empresas e asociacións participan en Vigo na Feira de Emprego Universitario. Dous días en que o IFEVI será o punto de encontro entre estudantes de grao, posgrao e recén egresados das Universidades de Vigo, Porto e Tras Os Montes.

Esta é a cuarta edición da feira, que por primeira vez inclúe firmas tecnolóxicas e grupos de I+D. Tamén haberá charlas e obradoiros impartidos por expertos en coaching e profesionais das empresas participantes. O sistema permite a entrega de curículums en mano ou rexistrándose previamente na web.

Os días 29 e 30 de outubro a feira traládase ao Porto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/10/2019