CRTVG

Buscar

Información Local Santiago de Compostela

O IES Rosalía de Castro da a coñecer as novelas finalistas que optarán aos XX Premios San Clemente

Publicado o 11/03/2014 00:04
O Instituto de bacharelato Rosalía de Castro celebra a vixésima edición do premio literario Arcebispo Xoán de San Clemente. Un galardón que ten de particularidade o seu xurado, formado por alumnos do propio centro compostelán e doutros catro institutos galegos escollidos por sorteo.

Sabedes que o xurado o compoñen alumnos de último curso de bacharelato. Así que sen agobialos demasiado no último trimestre, que poidan ler con relativa tranquilidade, e despois da Selectividade será o fallo do xurado.

Dúas profesoras do centro foron as encargadas de escoller e presenta-las novelas finalistas.

Na categoría de lingua galega competirán "A vitoria do perdedor", de Carlos G. Reigosa, "Costa do solpor" de Xosé Mª Lema; e "Matar lentamente" de Diego Ameixeiras.

En lingua castelá seleccionaron "Intemperie" de Jesús Carrasco; "Las lágrimas de San Lorenzo" de Julio Llamazares; e "Las reputaciones" de Juan Gabriel Vázquez.

E prá modalidade de novela estranxeira propuxeron "Capital" de Jonh Lanchester; "A verdade sobre o caso Harry Quebert" de Jöel DicKer; e "Mar de mañana" de Margaret Mazzantini"
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí