CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O IES Neira Vilas de Oleiros ofrece o primeiro bacharelato binacional en francés, o Bachibac

Publicado o 08/07/2014 15:06

Por primeira vez un instituto galego ofrécelles aos alumnos de bacharelato un programa binacional en francés, o "Bachibac". Aqueles que o superen poderán estudar en calquera universidade francesa sen ter que pasar ningunha proba selectiva. A matrícula estará aberta todo o mes.

No Instituto Neira Vilas de Oleiros están en pleno proceso de matriculación para o vindeiro curso. A aulas volverán á actividade en setembro, pero este ano os alumnos de bacheralato terán unha nova opción, o Bachibac.

Este foi xa o primeiro instituto plurilingüe en francés e o Bachibac supón un continuación na formación de alumnos como Hugo e Mencía. Os dous acaban de rematar a Eso e xa teñen decidido que van participar neste programa. Para botar andar o Bachibac precisan un mínimo de 12 alumnos.

O prazo de matrícula está aberto durante todo o mes para alumnos procedentes de calquera instituto da provincia da Coruña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí