O IES de Foz gaña o primeiro Certame Escolar de Podcasts en Galego Xosé Mosquera
Publicado o 28/05/2019 22:51
O instituto de Foz gañou o primeiro Certame Escolar de Podcasts en Galego Xosé Mosquera. O xurado recoñeceu o seu traballo Antón Fraguas, en directo.
No mesmo acto foi distinguido cun accésit o instituto Pedras Rubias de Salceda de Caselas e cunha mención especial o colexio Nicolás del Río de Cedeira.
Todos os traballos presentados ao concurso debían versar sobre a vida ou a obra de Antón Fraguas. En total presentaron a concurso 40 gravacións con relatos radiofónicos.