CRTVG

Buscar

A bolsa española pecha en verde por segunda xornada consecutiva

Publicado o 25/03/2020 20:54
A bolsa española pecha en verde por segunda xornada consecutiva

A bolsa española concluíu a sesión cunha suba do 3,35 % e recuperou o nivel dos 6.900 puntos animada polo avance de Wall Street, que volve rendibilizar o plan de dous billóns de dólares acordado nos Estados Unidos para estimular a súa economía e facerlles fronte ás consecuencias do coronavirus. O índice de referencia do mercado nacional, o IBEX 35, gañou 225,1 puntos, o 3,35 %, ata 6.942,4 puntos. No ano perde aínda o 27,3 % e en marzo, o 20,41 %.