CRTVG

Buscar

O Ibex 35 pecha o seu peor mes do ano cunha caída do 5,8%

Publicado o 31/05/2019 18:38
O Ibex 35 pecha o seu peor mes do ano cunha caída do 5,8%

O Ibex 35 puxo fin ao seu peor mes do ano cunha caída do 5,84%, o que levou ao selectivo a terminar nos 9.004,2 enteiros. A semana tamén foi mala para o índice, cun descenso do 1,85%, mentres que na sesión deste venres deixouse un 1,68%.

Con todo, sobe aínda un 5,51% no que vai de ano. O principal índice español, así como o resto de prazas europeas, mantiveron este comportamento pesimista durante os últimos días, aínda que este venres agudizouse despois do anuncio de Donald Trump de impoñer aranceis ás importacións procedentes de México, o que engade un novo fronte á guerra comercial declarada pola primeira economía mundial a varios dos seus principais socios.

Soamente tres valores lograron salvarse do 'vermello' na xornada: Cellnex (+1,53%), Acciona (+0,62%) e Ferrovial (+0,09%). Alén da balanza destacaban CIE Automotive (-4,41%) e BBVA (-4,08%). O banco presidido por Carlos Torres conta cun peso moi importante do seu negocio en México, que achegou un 50% do beneficio neto global do grupo en 2018. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/05/2019