O iate máis grande do mundo abandona Vigo despois de cinco meses
Publicado o 01/09/2021 20:26

O iate de súper luxo Azzam abandonou Vigo. Estivo cinco meses para ser reparado en Freire, pero, pola súa envergadura non cabía no estaleiro e tivo que atracar no peirao de transatlánticos.
O Azzam, propiedade do presidente dos Emiratos Árabes, é o iate máis grande do mundo da súa clase. Ten 180 metros de eslora, seis cubertas, unha discoteca e un cine. Está valorado en máis de 600 millóns.