O húngaro Marko Filipovity ficha polo Obradoiro procedente do Basket Pésaro
Publicado o 15/07/2021 12:59
O Monbus Obradoiro e Marko Filipovity chegaron a un acordo para as próximas dúas tempadas. Este ala-pivote de 2,04 metros e 25 anos procede do Basket Pésaro, onde a pasada campaña anotou unha media de 12,8 puntos (59,1 % en tiros de dous, 35,9 % en triplos e 81,2 % en libres), 6,0 rebotes, 0,7 recuperacións e 1,2 perdas en 28,3 minutos (28 partidos disputados) na Liga. Internacional Absoluto por Hungría, disputou cinco campañas na competición maxiar (Alba Fehervar e KC Szombathely) antes de recalar en Italia.