CRTVG

Buscar

O Hospital Provincial de Pontevedra acolleu unha nova edición das xornadas da artrite

Publicado o 13/10/2018 22:02

Este ano, baixo o lema "Déixate ver", os seus organizadores queren visbilizar unha enfermidade que en Galicia afecta o 1% de toda a poboación. Coñecer os seus síntomas para unha detección precoz pode minimizar os seus efectos e incluso deter a enfermidade.

Como Mabel, son moitos os pacientes que padecen esta enfermidade afectando de maneira importante o seu día a día. Con estas xornadas, celebradas no Hospital Provincial de Pontevedra, queren ensinarlle a sociedade como recoñecer os primeiros síntomas.

Porque unha detección precoz pode minimizar os efectos desta enfermidade freando incluso o seu avance. A mesma, pode afectar calquera órgano do noso corpo e calquera idade.

Falamos dunha enfermidade autoinmune que engloba arredor de 300 doenzas, unha delas a artrose. Os tratamentos son esenciais para mellorar a calidade de vida dos pacientes.

Con estas xornadas queren visbilizar unha enfermidade que en Galicia afecta o 1% da poboación e que segundo a propia OMS é a primeira causa de discapacidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/10/2018