CRTVG

Buscar

A Revista Fin de Semana

O Hospital Povisa pon en marcha o botón de pánico contra as agresións a sanitarios

Publicado o 03/06/2018 13:16
Seis de cada dez médicos sufriu algún tipo de agresión no traballo. Así o pon de manifesto a enquisa sobre a situación desta profesión en España, que promove a Organización Médica Colexial.
Trátase dunha enquisa anual sobre a situación da profesión médica que nesta ocasión se amplía, e pon de manifesto esta cifra sorprendente: un sesenta e cinco por cento dos entrevistados recoñece que sufriu algún tipo de agresión durante a súa carreira. Son sobre todo ameazas e insultos, pero no 10% dos casos trátase de agresións físicas.










Felipe Durán forma parte desa estatística de médicos agredidos no seu centro de traballo. Agora, o hospital Povisa de Vigo puxo en marcha un botón de pánico que alerta de posibles ameazas ou agresións aos profesionai e que calquera traballador pode activar no seu ordenador e manda un aviso aos servizos de seguridade.

Os traballadores tan só teñen que pulsar unhas teclas durante uns segundos para que se active a alerta e os efectivos de seguridade interveñan.

Nos últimos tres anos rexistráronse 33 agresións a profesionais no hospital das que dúas foron físicas. De todas elas, só 16 precisaron da intervención das forzas de seguridade.