CRTVG

Buscar

O hospital Montecelo opera con éxito por vez primeira en España unha enferma de Crohn con células nai

Publicado o 29/11/2019 15:29

Eles son parte dos responsables sanitarios que conseguiron con éxito esta mañá mediante cirurxía a implantación de 120 millóns de células nai nunha paciente de 44 anos cunha fístula perianal complexa.

Unha terapia celular pioneira da que se beneficiarán os enfermos de Crohn. Un traballo interdisciplinar cun amplo percorrido que abre novas vías de investigación para novos fármacos.

Esta cirurxía, pioneira en España, é unha alternativa nova e pouco invasiva. Estímase que en Galicia por cada 100.000 habitantes hai 250 pacientes con enfermidade de Crohn.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/11/2019

Máis sobre pontevedra