CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O Hospital de Santiago renova os equipos de radioterapia con dous dos dispositivos máis avanzados do mundo

Publicado o 10/05/2017 15:06

O Hospital Clínico de Santiago acaba de incorporar dous equipos novos de radioterapia oncolóxica, considerados entre os mellores do mundo. Un deles, doado pola Fundación Amancio Ortega, xa a está a atender doentes. A súa precisión e rapidez permite reducir á metade o tempo dos tratamentos e preservar ao máximo os órganos sans que rodean o tumor.

É un dos aceleradores lineais máis innovadores do mundo. Nel rádianse os tumores canceríxenos de peor acceso. Garante a máxima eficacia e a mínima toxicidade, grazas a un sistema de xiro que se adapta á anatomía do paciente. Permite ademáis reducir as sesións de 20 a 6 minutos, logrando atender uns catro doentes por hora.

O acelerador está operativo desde xaneiro. Nestes intres están a instalar un segundo equipo que comezará a funcionar á volta do verán. E o ano que vén completarán a renovación tecnolóxica cun terceiro dispositivo.

O servizo de oncoloxía radioterápica do CHUS tratou 1.175 pacientes no 2016. Unha cifra que agardan aumentar este ano coa incorporación da nova frota de aceleradores de vangarda.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí