CRTVG

Buscar

O Hospital de Santiago acolleu tres concertos de música clásica

Publicado o 04/08/2019 22:05

O primeiro recital foi para os enfermos máis graves, os sete doentes que permancecían ingresados este domingo na unidade de críticos.

O Hospital Clínico de Santiago abriulles as portas aos alumnos do Curso Internacional de Música en Compostela. Unha iniciativa que pretende facer máis agradable a estancia dos pacientes e das súas familias no centro.

Na planta de pediatría, os músicos encontraron un público moi entregado e agradecido. Alí non todo foron pezas clásicas, houbo algunha canción ben coñecida polos cativos.

Máis de corenta profesores e alumnos contribuíron a desenvolver esta xornada, que remataba pola tarde cun concerto no recibidor.

Noticias web

04/08/2019