O hospital de Monforte é o primeiro en Galicia sen pacientes con coronavirus
Publicado o 16/04/2020 14:59
A primeira hora desta tarde, unha muller e dous homes afectados por COVID-19 recibían a alta no hospital de Monforte de Lemos. Con eles, marchaba o coronavirus deste hospital comarcal, que xa se converteu no primeiro en Galicia sen pacientes infectados polo virus.
Situación na provincia lucense
Segundo os últimos datos oficiais, a provincia de Lugo contabiliza na actualidade 589 casos activos. Ata o de agora, rexistráronse un total 21 falecementos e máis de 100 altas nos hospitais lucenses.