CRTVG

Buscar

O hospital de Ferrol realiza un obradoiro de disfraces con nenos ingresados

Publicado o 19/02/2020 14:08

O taller de disfraces con nenas e nenos pacientes do hospital Arquitecto Marcide, de Ferrol, é, segundo nos explica Pilar, a profesora, un traballo por proxectos fundamentado na educación emocional para traballar os medos que van vencellados ao seu proceso de hospitalización.

"Entón, o que facemos é debuxar un superheroe. Dependendo da patoloxía que teña cada neno ou nena".

Con esta actividade coopera persoal doutras áreas do hospital e tamén de fóra, como as voluntarias que todo o ano poñen o seu saber no programa Avoa cóntame, cántame que me encanta.

"Vimos para facer salvar o planeta e coidar a saúde".

Cada neno elixiu coidar a súa saúde.

Para o remate da feitura dos disfraces tiñan previsto un aperitivo con doces de Entroido.

Noticias web

19/02/2020