CRTVG

Buscar

O hospital arquitecto Marcide de Ferrol recupera actividade ordinaria ao baixar a hospitalización por covid

Publicado o 02/03/2021 15:47

Outra das áreas sanitarias que agora está pechada perimetralmente, e que mellorou os seus datos nos últimos días é a de Ferrol. Nas últimas horas rexistráronse só seis novos contaxios nesta área sanitaria de Ferrol.

Tamén descende 71 a 54 o número de hospitalizados, que está xa a niveis de principios de xaneiro. Un descenso da presión hospitalaria que lle permite a este hospital Arquitecto Marcide retomar toda a súa actividade cirúrxica programada. A que fora UCI covid é agora unidade de críticos non covid. 

 

Noticias web

02/03/2021