CRTVG

Buscar

O home que tentou secuestrar un neno en Vigo levaba un coitelo e un ordenador na mochila

Publicado o 09/08/2019 12:47

O veciño de Vigo detido pola Policía Local por intentar raptar, presuntamente, un neno de 9 anos levaba un coitelo e un ordenador na mochila.

Así se desprende da investigación sobre este suceso que tivera lugar nun parque infantil da zona de Rivera Atienza. Segundo fontes policiais, o individuo, de 55 anos, enganou o rapaz dicíndolle que o acompañara para ensinarlle un camión de xoguete. Foi un veciño da zona o que alertou o pai do pequeno, que saíu á carreira tras o detido. O home, ante esta situación, soltou o neno e marchou. Pouco despois era arrestado nas proximidades. Está acusado de tentativa de detención ilegal.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/08/2019