CRTVG

Buscar

O home que matou a súa parella en Lugo confesóullelo aos seus achegados

Publicado o 09/02/2020 15:14

O home que matou a súa parella nas Gándaras confesoulles o crime aos seus achegados, xusto antes de que a Policía o detivese no domicilio familiar. Matou a coiteladas a muller coa que mantiña unha relación desde antes do verán. Algúns veciños aseguran que xa se rexistraran episodios anteriores de violencia machista.

O detido foi interrogado polos axentes e permanece en dependencias policiais á espera de que declare nos xulgados nas vindeiras horas.

Noticias web

09/02/2020