CRTVG

Buscar

O home que faleceu no mar da Coruña bateu coa cabeza nas rochas

Publicado o 21/07/2019 11:40
O home que faleceu no mar da Coruña bateu coa cabeza nas rochas

Avanzan as investigacións sobre a morte dun home ao pé do Obelisco Milenium da Coruña. Todo apunta que faleceu ao bater ca cabeza contra as pedras o que lle provocou a fractura do pescozo.Unha persoa que camiñaba pola zona deu a voz de alarma cando se percatou de que o mar golpeaba a vítima contra as rochas. No operativo de rescate participaron Salvamento Marítimo, Gardacostas, os servizos de urxencia, protección civil e a policía Nacional. Xa en terra, profesionais do 061 e socorristas da praia de Riazor tentaron reanimalo pero non o conseguiron.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/07/2019