CRTVG

Buscar

O home que acoitelou a súa ex-muller en Pontevedra pasará este mércores a disposición xudicial

Publicado o 03/12/2019 18:34
O home que acoitelou a súa ex-muller en Pontevedra pasará este mércores a disposición xudicial

O home que presuntamente lle asestou a súa ex-muller varias coiteladas, no seu domicilio do barrio de Monte Porreiro, pasará a disposición xudicial nos xulgados da Parda, en Pontevedra, a primeira hora de mañá mércores.
O suposto agresor permanece nos calabozos da Policía Nacional despois de ser detido onte na avenida de Lugo. O home, de 34 anos, acudiu ao domicilio da súa ex-muller para estar cos dous fillos pequenos que ambos os dous teñen en común.

A suposta agresión produciuse de madrugada dentro do domicilio. Fontes policiais confirman que o detido tivo en vigor unha orde de afastamento contra a muller pero que esta expirou en 2012. Dende entón realizaba visitas periódicas aos pequenos que no momento do acoitelamento estaban no interior da vivenda.

A vítima evoluciona favorablemente

A vítima desta agresión machista evoluciona favorablemente das feridas no hospital Montecelo de Pontevedra. Tanto é así que esta mañá xa puido prestar declaración aos axentes da Policía Nacional no propio hospital sobre o acontecido no interior do seu domicilio. A muller puido saír ao portal para pedir auxilio a través do interfono dos seus veciños, que viron como o presunto agresor fuxía do inmoble.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/12/2019